Detalle do servizo

Servizos dispoñibles - Operadores - Xestión de dereitos aeroportuarios - Permisos de condución en plataforma

Familiarización local e permisos de condución aeroportuarios

Tramitación de permisos de condución en plataforma (PCP) por parte das Compañías, para aquelas persoas que conduzan de xeito continuado no interior da zona restrinxida do recinto aeroportuario.

Familiarización local

Débese entregar un rexistro que acredite a realización desta familiarización local nos seguintes casos:

  • Novas solicitudes de acreditacións aeroportuarias e permisos de condución aeroportuarios.
  • Renovacións de acreditacións aeroportuarias e permisos de condución aeroportuarios despois de máis de 3 meses de inactividade: deberase recibir de novo a familiarización local completa (fichas + prácticas de familiarización + prácticas de comunicacións, se corresponde). Esta familiarización estará enfocada a coñecer posibles cambios ou novidades.

A necesidade de renovar a devandita formación sería aplicable igualmente a todo traballador que, aínda que a súa acreditación ou permiso estea en vigor, pasou máis de tres meses sen desempeñar o seu traballo por causa dunha baixa médica, unha excedencia ou algún permiso similar.

Estarán exentos de entregar o rexistro de familiarización local os casos de renovacións con menos de tres meses de inactividade e o persoal que cumpra os requisitos para a validación.

Permisos de condución aeroportuarios

Ámbito do servizo

Todas as persoas que conduzan de xeito continuado no interior da zona aeronáutica de seguridade operacional (ZASO) deberán dispoñer dun permiso de condución aeroportuario, en adiante PCA.

O PCA é un documento persoal e intransferible, que serve de identificación ao interesado xunto coa súa acreditación aeroportuaria e o seu DNI.

Existen tres tipos de PCA segundo as zonas do recinto aeroportuario nas que se autorizan a conducir, e se se habilita ou non o uso de frecuencias aeronáuticas:

  • PCP: Permiso para conducir en toda a ZASO, agás na área de manobras e nas zonas en que se requira utilizar frecuencias aeronáuticas para circular por elas.
  • PCP-COM: Permiso para conducir e utilizar frecuencias aeronáuticas en toda a ZASO, agás na área de manobras.
  • PCP-AM: Permiso para conducir e utilizar frecuencias aeronáuticas en toda a ZASO.

Todo posuidor dun PCA deberá dispoñer da acreditación persoal que permite o acceso á ZASO, permiso de condución do tipo B ou superior en vigor e un certificado de aptitude emitido pola compañía operadora deste.

Ademais, para a obtención dun PCA débese estar en posesión do certificado AVSAF_C emitido por unha organización de formación (OFA) aprobada por AESA, que acredite os coñecementos necesarios sobre seguridade operacional e a normativa de seguridade en plataforma (NSP), así como outros coñecementos que determine a dirección do aeroporto.

Por último, para obter o PCA, é necesario ter superado o proceso de familiarización local correspondente a cada caso, conforme ás condicións recollidas no seguinte parágrafo, que comprende as seguintes accións:

  • Recepción das fichas de familiarización local e realización das prácticas de familiarización, segundo as zonas ás que se solicite acceso.
  • Prácticas de comunicacións, nos casos do PCP-AM e do PCP-COM.

Débese entregar un rexistro que acredite a realización desta familiarización nos casos especificados no apartado «familiarización local».

No caso do PCP-COM, o posuidor, ademais do indicado anteriormente, deberá superar a formación necesaria para o uso de frecuencias aeronáuticas (curso COM ou equivalente) e recibir a familiarización local correspondente. No caso do PCP-AM, os requisitos adicionais consisten en superar a formación necesaria para conducir vehículos na área de manobras e o uso de frecuencias aeronáuticas (curso CAM ou equivalente), así como recibir a familiarización local correspondente.

A retirada da acreditación aeroportuaria que permite o acceso a plataforma, implicará a automática retirada do PCA.

Cada aeroporto xestiona os seus PCA, e estes só son válidos no aeroporto onde se expediron. Aínda que a formación xenérica é común para todos os aeroportos da rede, a formación local débese superar en cada aeroporto para obter unha acreditación aeroportuaria e un PCA.

Solicitantes do servizo

A solicitude deberá ser realizada por un único representante recoñecido da Compañía Aérea, axente de asistencia ou autoasistencia, concesionario do aeroporto ou empresa de servizos radicada no aeroporto, que asumirá a veracidade dos datos achegados.

No caso de condutores que traballen para varias empresas, deberá presentarse unha solicitude e emitirse unha nova tarxeta do PCA do condutor para cada unha das empresas.

Pódese solicitar a emisión de novo PCA, a renovación, o duplicado por extravío ou calquera modificación dos datos do PCA.

Contacto

Unidade responsable:
Dirección do aeroporto

Servicios disponibles - Operadores - Gestión de derechos aeroportuarios - Permisos de conducción en plataforma - Procedimientos

Procedementos

Descargas

Pode descargar dende aquí as aplicacións necesarias para ler estes documentos