Servicios disponibles - Operadores - Gestión de derechos aeroportuarios - Facturación
Xestión de dereitos aeroportuarios (FACTURACIÓN)
Xestión de dereitos aeroportuarios polos servizos prestados de aterraxe, tránsito de aeródromo, meteoroloxía, seguridade, saída de pasaxeiros, PMR, estacionamento, pasarelas, carga, subministración de combustibles e lubricantes, asistencia en terra e outros servizos. Do mesmo modo, o servizo facilita ao cidadán a presentación dos documentos necesarios para a xestión.
Artigo 68 da Lei 21/2003, do 7 de xullo, de seguridade aérea, modificado pola Lei 1/2011, do 4 de marzo, pola que se establece o Programa estatal de seguridade operacional para a aviación civil.
Artigo 68. Ingresos de "Aena, S.A."
- Agás o disposto no apartado seguinte, ten a consideración de prezo privado todo ingreso que perciba Aena, S.A. no exercicio da súa actividade.
- Terán a consideración de prestacións patrimoniais de carácter público as prestacións que a citada sociedade deba percibir nos seguintes supostos:
- Pola utilización das pistas dos aeroportos civís e de utilización conxunta e das bases aéreas abertas ao tráfico civil polas aeronaves e a prestación dos servizos precisos para a devandita utilización, distintos da asistencia en terra ás aeronaves, pasaxeiros e mercadorías.
- Polos servizos de tránsito aéreo de aeródromo que facilite o xestor aeroportuario, sen prexuízo de que estes servizos se proporcionen a través dos provedores de servizos de tránsito aéreo debidamente certificados que tivesen sido contratados por aquel e designados para o efecto polo Ministerio de Fomento.
- Polos servizos de meteoroloxía que facilite o xestor aeroportuario, sen prexuízo de que estes servizos se proporcionen a través dos provedores de servizos de meteoroloxía debidamente certificados e, ademais, designados para o efecto polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño.
- Polos servizos de inspección e control de pasaxeiros e equipaxes nos recintos aeroportuarios.
- Pola utilización, por parte dos pasaxeiros, das zonas terminais aeroportuarias non accesibles aos visitantes, así como das facilidades aeroportuarias complementarias.
- Polos servizos que permiten a mobilidade xeral dos pasaxeiros e a asistencia necesaria ás persoas con mobilidade reducida (PMR) para permitirlles desprazarse dende un punto de chegada ao aeroporto ata a aeronave, ou dende esta a un punto de saída, incluíndo o embarque e desembarque.
- Pola utilización das zonas de estacionamento de aeronaves habilitadas para o efecto nos aeroportos.
- Pola utilización das instalacións aeroportuarias para facilitar o servizo de embarque e desembarque de pasaxeiros ás compañías aéreas a través de pasarelas telescópicas ou a simple utilización dunha posición de plataforma que impida a utilización da correspondente pasarela a outros usuarios.
- Pola utilización do recinto aeroportuario nas operacións de carga e descarga de mercadorías.
- Pola utilización do recinto aeroportuario para o transporte e subministración de combustibles e lubricantes, con independencia do modo de transporte ou subministración.
- Pola utilización do recinto aeroportuario para a prestación de servizos de asistencia en terra que non estean gravados por outra contraprestación específica.
- As contías das prestacións patrimoniais de carácter público referidas na alínea anterior poderanse actualizar cada ano pola Lei de presupostos xerais do Estado, de conformidade co sinalado no capítulo III.
- Non deberán satisfacerse as prestacións patrimoniais de carácter público ás que se fai referencia na alínea 2 polas operacións realizadas polas aeronaves de Estado españolas, as aeronaves que proporcionen servizo ás comunidades autónomas e outras entidades locais, sempre que realicen servizos públicos non-comerciais, e as aeronaves de Estado estranxeiras, no caso de que os Estados aos que pertenzan concedan unha exención análoga ás aeronaves de Estado españolas.
A empresa poderá interpoñer unha reclamación sobre unha factura mediante o enlace existente, o cal o levará ao Portal de facturación de Aena, no que, logo de autenticación, poderá realizar a reclamación pulsando sobre o enlace de “Reclamar” dentro da listaxe das súas facturas.
Contacto
- Unidade responsable:
- Dirección de Aeroportos. Dirección Económico Administrativa. División de Xestión Económica de Ingresos
- Enderezo postal:
- C/ Peonías, 12 28042 Madrid (ESPAÑA)
- Enderezo electrónico:
- facturacion@aena.es
Servicios disponibles - Operadores - Gestión de derechos aeroportuarios - Facturación - Procedimientos
ProcedementosXestión de taxas aeroportuarias (facturación)
Descargas
Pode descargar dende aquí as aplicacións necesarias para ler estes documentos