Reclamaciones y sugerencias - Reclamaciones - Servicios Web Pública de Aena
Queixas e suxestións relativas aos servizos prestados a través da Web Pública de Aena
Servizo de xestión e tramitación de reclamacións, queixas e suxestións relativas ao funcionamento da web Pública de Aena e os servizos que nela se ofrecen.
A Dirección de Comunicación e Relacións Institucionais de Aena é a unidade responsable da xestión e mantemento de:
- Os contidos ofrecidos na Web Pública de Aena.
- As aplicacións corporativas ás que se pode acceder dende a Web Pública de Aena.
- A accesibilidade e correcto funcionamento da Web Pública de Aena.
A través da web pública de Aena vostede pode acceder a toda a información xeral de Aena S.M.E., S.A. e aos servizos que esta ofrece, así como obter información sobre:
- Voos nos aeroportos da rede de Aena en tempo real (aplicación Infovuelos),
- Contratación (de obras, subministracións e servizos),
- Contratación comercial,
- Equipaxes e seguridade,
- Permisos,
- etc.
Se ten algún tipo de incidencia na consulta da información ofrecida ou as aplicacións dispoñibles na nosa páxina web, ou ben quere facernos chegar as súas ideas ou suxestións para axudarnos a mellorar os servizos prestados a través da web pública de Aena, pode contactar connosco mediante a presentación telemática do formulario para o efecto, ou descargando o formulario-papel que lle ofrecemos na zona da dereita.
En caso de utilizar o noso formulario papel descargable, pregámoslle nolo faga chegar por correo ordinario ao seguinte enderezo:
- Unidade Web Pública de Aena
-
C / Peonías, 12
28042 MADRID (España)
Reclamaciones y sugerencias - Reclamaciones - Servicios Web Pública de Aena - Procedimientos
ProcedementosServizos prestados a través da WPA
Acceso telemático ao proceso
Asegúrese de ter instalado e/ou activado no seu ordenador o seu certificado dixital previamente a seleccionar calquera dos seguintes enlaces.
Impresos do procedemento
Descargas
Pode descargar dende aquí as aplicacións necesarias para ler estes documentos