Que é o Portal de Servizos Telemáticos

É o enderezo electrónico dispoñible para os cidadáns a través de redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponde a Aena no exercicio das súas competencias.

Dispón de sistemas que permiten o establecemento de comunicacións seguras sempre que sexan necesarias.

A publicación no Portal de Servizos Telemáticos de informacións, servizos e transaccións respectará os principios de accesibilidade e usabilidade de acordo coas normas establecidas ao respecto, estándares abertos e, no seu caso, aqueles outros que sexan de uso xeneralizado polos cidadáns.

Permite a identificación do titular, así como os medios dispoñibles para a formulación de suxestións e queixas.

Atención telefónica

(+34) 91 321 10 00

Atendémolo as 24 horas do día, todos os días do ano.