Detalle do servizo

Canle de Denuncias

Aena dispón dun Código de Conduta que supón o marco de referencia para asegurar unha xestión responsable e un comportamento adecuado dos membros da organización no desempeño da súa actividade. O código contén os valores corporativos e as pautas de comportamento, formuladas a través de principios e compromisos, e constitúe unha declaración firme da compañía pola xestión adecuada e transparente.

De acordo cos compromisos recollidos no seu Código de Conduta, Aena desenvolveu un Sistema de Cumprimento aliñado coas mellores prácticas neste ámbito, co fin de que a organización respecte adecuadamente as obrigas establecidas e os compromisos asumidos, todo iso baseado nunha cultura proactiva de xestión dos riscos de cumprimento.

A Compañía pon á disposición dos seus grupos de interese unha canle de comunicación confidencial para a recepción de denuncias e outras comunicacións de condutas irregulares que poidan implicar a comisión dalgún acto contrario á legalidade, ás políticas e procedementos da compañía, ou ás normas de actuación incluídas no Código de Conduta de Aena por parte dalgún dos seus profesionais ou departamentos, ou referidos á empresa de forma global.

Aena designou un Órgano de Supervisión e Control de Cumprimento para tramitar e resolver as diferentes denuncias que se reciban.

Procedementos

Acceso telemático ao proceso

Acceso sen certificado dixital
Documentación asociada

Descargas

Pode descargar dende aquí as aplicacións necesarias para ler estes documentos