Detalle do servizo

Xestión de dereitos aeroportuarios (COBRAMENTOS)

A través deste procedemento, poderase solicitar a normativa aplicable, o procedemento de liña de crédito para voar con Aena e a información da situación do cliente con Aena.

Normativa aplicable en materia de pagamento de dereitos aeroportuarios

Permite consultar todos os aspectos legais que deben cumprirse en relación co pagamento de dereitos aeroportuarios:

Prazos para o pagamento en período voluntario, pagamento en período executivo, recarga por pagamento fóra de prazo, aprazamento e fraccionamento do pagamento, xuros de mora, procedemento de constrinximento, etc.

  • Lei 1/2011 (ver documentación asociada)
  • Real decreto-lei 13/2010 (ver documentación asociada)

Liña de crédito para voar con Aena (compañías aéreas e clientes aeronáuticos)

Procedemento para a obtención de crédito:
  1. Crédito centralizado: Para compañías que operen en máis de tres aeroportos e/ou desexen pagar as operacións mensuais nunha única conta corrente.
    1. Solicitude do devandito crédito dirixida á Dirección Económico-Administrativa/ División de Cobramentos e Pagamentos de Aena, cos seguintes datos:
      • Data prevista de inicio para operar con crédito.
      • Volume de operacións: co núm. de voos mensuais que se van realizar, detallando aeroportos de saída e de chegada.
      • Peso e capacidade da aeronave: indicar peso máximo autorizado de despegue e núm. de pasaxeiros.
      • Código OACI.
      • Código "Aena, S.A. ".
      • NIF/CIF, Nome/ Razón Social, domicilio social e enderezo ao que habería que enviar as facturas.
      • Persoa de contacto: indicando nome, teléfono, fax e correo electrónico (modelo de solicitude en impresos do procedemento).
    2. De acordo co volume de facturación, calculado cos datos anteriores, Aena establecerá o importe do risco de non-pagamento e poñerase en contacto coa compañía para establecer de mutuo acordo a forma e data de pagamento, así como da cobertura de risco que mellor se adapte á súa situación: pagamento previo, depósito en metálico, aval bancario, etc.
      Para o suposto de que a cobertura de risco se realice a través de aval bancario, este deberá axustarse ao modelo aprobado por Aena (ver documentación asociada).
  2. Crédito local: Esta modalidade de crédito unicamente poderá ser utilizada por aquelas compañías que realizan as súas operacións nun máximo de tres aeroportos.
    1. Solicitude dos devanditos créditos locais dirixida á Dirección Económico-Administrativa/ División de Cobramentos e Pagamentos de Aena.
    2. A información que debe achegarse á petición desta modalidade de crédito é a mesma que no crédito centralizado, pero de forma individualizada para cada aeroporto (modelo de solicitude en impresos do procedemento).
    3. Conforme ao volume de facturación, Aena calculará o risco de non-pagamento, e poñerase en contacto coa compañía para indicarlle o importe que, en concepto de depósito ou de pagamento previo, debe ingresar nas contas correntes de cobramentos de cada un dos aeroportos, co obxecto de cubrir o devandito risco; así como para establecer a forma de pagamento das facturas que hai que emitir mensualmente.
      Ademais, hai que sinalar que, unha vez establecida esta modalidade de pagamento, todos os trámites serán levados directamente polos servizos económico-administrativos de cada aeroporto, para o que a compañía teña concedido o crédito local.

Máis información para voar a crédito diríxase aos teléfonos: 913 212 726 / 913 212 685

Información sobre a situación do cliente con Aena (*)

  1. Solicitude de movementos de conta.
  2. Solicitude da situación de conta a data actual.
  3. Solicitude de pagamentos realizados.
  4. Solicitude de certificado de estar ao corrente dos pagamentos con Aena.

(*) Modelo de solicitude en "impresos do procedemento"

Contacto

Unidade responsable:
Dirección de Aeroportos. Dirección Económico Administrativa. División de Xestión Económica de Ingresos
Enderezo postal:
C/ Peonias, 1228042 Madrid
Enderezo electrónico:
facturacion@aena.es
Procedementos

Xestión de taxas aeroportuarias (cobramentos)

Acceso telemático ao proceso

Acceso con certificado dixital

Asegúrese de ter instalado e/ou activado no seu ordenador o seu certificado dixital previamente a seleccionar calquera dos seguintes enlaces.

Impresos do procedemento

Descargas

Pode descargar dende aquí as aplicacións necesarias para ler estes documentos