Detalle do servizo

Xestión de dereitos aeroportuarios (FACTURACIÓN)

Xestión de dereitos aeroportuarios polos servizos prestados de aterraxe, tránsito de aeródromo, meteoroloxía, seguridade, saída de pasaxeiros, PMR, estacionamento, pasarelas, carga, subministración de combustibles e lubricantes, asistencia en terra e outros servizos. Do mesmo modo, o servizo facilita ao cidadán a presentación dos documentos necesarios para a xestión.

Artigo 68 da Lei 21/2003, do 7 de xullo, de seguridade aérea, modificado pola Lei 1/2011, do 4 de marzo, pola que se establece o Programa estatal de seguridade operacional para a aviación civil.

Artigo 68. Ingresos de "Aena, S.A."

  1. Agás o disposto no apartado seguinte, ten a consideración de prezo privado todo ingreso que perciba Aena, S.A. no exercicio da súa actividade.
  2. Terán a consideración de prestacións patrimoniais de carácter público as prestacións que a citada sociedade deba percibir nos seguintes supostos:
    1. Pola utilización das pistas dos aeroportos civís e de utilización conxunta e das bases aéreas abertas ao tráfico civil polas aeronaves e a prestación dos servizos precisos para a devandita utilización, distintos da asistencia en terra ás aeronaves, pasaxeiros e mercadorías.
    2. Polos servizos de tránsito aéreo de aeródromo que facilite o xestor aeroportuario, sen prexuízo de que estes servizos se proporcionen a través dos provedores de servizos de tránsito aéreo debidamente certificados que tivesen sido contratados por aquel e designados para o efecto polo Ministerio de Fomento.
    3. Polos servizos de meteoroloxía que facilite o xestor aeroportuario, sen prexuízo de que estes servizos se proporcionen a través dos provedores de servizos de meteoroloxía debidamente certificados e, ademais, designados para o efecto polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño.
    4. Polos servizos de inspección e control de pasaxeiros e equipaxes nos recintos aeroportuarios.
    5. Pola utilización, por parte dos pasaxeiros, das zonas terminais aeroportuarias non accesibles aos visitantes, así como das facilidades aeroportuarias complementarias.
    6. Polos servizos que permiten a mobilidade xeral dos pasaxeiros e a asistencia necesaria ás persoas con mobilidade reducida (PMR) para permitirlles desprazarse dende un punto de chegada ao aeroporto ata a aeronave, ou dende esta a un punto de saída, incluíndo o embarque e desembarque.
    7. Pola utilización das zonas de estacionamento de aeronaves habilitadas para o efecto nos aeroportos.
    8. Pola utilización das instalacións aeroportuarias para facilitar o servizo de embarque e desembarque de pasaxeiros ás compañías aéreas a través de pasarelas telescópicas ou a simple utilización dunha posición de plataforma que impida a utilización da correspondente pasarela a outros usuarios.
    9. Pola utilización do recinto aeroportuario nas operacións de carga e descarga de mercadorías.
    10. Pola utilización do recinto aeroportuario para o transporte e subministración de combustibles e lubricantes, con independencia do modo de transporte ou subministración.
    11. Pola utilización do recinto aeroportuario para a prestación de servizos de asistencia en terra que non estean gravados por outra contraprestación específica.
  3. As contías das prestacións patrimoniais de carácter público referidas na alínea anterior poderanse actualizar cada ano pola Lei de presupostos xerais do Estado, de conformidade co sinalado no capítulo III.
  4. Non deberán satisfacerse as prestacións patrimoniais de carácter público ás que se fai referencia na alínea 2 polas operacións realizadas polas aeronaves de Estado españolas, as aeronaves que proporcionen servizo ás comunidades autónomas e outras entidades locais, sempre que realicen servizos públicos non-comerciais, e as aeronaves de Estado estranxeiras, no caso de que os Estados aos que pertenzan concedan unha exención análoga ás aeronaves de Estado españolas.

A empresa poderá interpoñer unha reclamación sobre unha factura mediante o enlace existente, o cal o levará ao Portal de facturación de Aena, no que, logo de autenticación, poderá realizar a reclamación pulsando sobre o enlace de “Reclamar” dentro da listaxe das súas facturas.

Contacto

Unidade responsable:
Dirección de Aeroportos. Dirección Económico Administrativa. División de Xestión Económica de Ingresos
Enderezo postal:
C/ Peonias, 1228042 Madrid
Enderezo electrónico:
facturacion@aena.es
Procedementos

Xestión de taxas aeroportuarias (facturación)

Descargas

Pode descargar dende aquí as aplicacións necesarias para ler estes documentos