Detalle do servizo

Emisión de tarxetas de seguridade

Emisión de acreditacións/autorizacións para as persoas/vehículos que desempeñan a súa actividade no recinto aeroportuario.

ACREDITACIÓNS PERSOAIS AEROPORTUARIAS

Ámbito do servizo

Acreditación persoal aeroportuaria: establécese para as persoas que desempeñan a súa actividade laboral no recinto aeroportuario.

A unidade responsable do procedemento é a Dirección de Operacións, Seguridade e Servizos, a emisión lévaa a cabo a Oficina de Seguridade Aeroportuaria de cada aeroporto, a excepción dos aeroportos de Madrid Barallas e Barcelona, nos que se leva a cabo nas oficinas SETA e BAC respectivamente. Cada aeroporto xestiona as súas acreditacións e estas só son válidas para o aeroporto onde se expediron.

O interesado ou o responsable da empresa que solicitou a acreditación está obrigado a comunicar inmediatamente o seu extravío á Oficina de Seguridade do aeroporto (no caso dos aeroportos de Madrid Baraxas e Barcelona, ás oficinas SAETA e BAC respectivamente).

O custo da confección da acreditación debe ser aboado pola empresa á que pertence o usuario.

As acreditacións permiten o acceso e permanencia exclusivamente ás zonas autorizadas. As devanditas zonas quedan fixadas polo código de cor e, se é o caso, pola letra que leva imprimida, quedando prohibido o acceso e/ou estadía en zonas distintas das autorizadas.

A emisión dunha acreditación obriga o usuario a un correcto uso desta, obrigándoo a aceptar e a cumprir as súas normas de utilización, así como todas as disposicións establecidas no formulario de solicitude.

Solicitantes do servizo

A solicitude deberá ser realizada por un representante recoñecido da empresa/entidade que teña o contrato co aeroporto, asumindo como responsable a veracidade dos datos achegados. Para iso entregará o formulario de solicitude correspondente debidamente enchido e asinado, facilitando os datos e documentos solicitados no formulario.

O representante acreditado da empresa/entidade, ao solicitar as acreditacións, comprométese expresamente a aceptar, a cumprir e a facer cumprir aos usuarios destas, as normas de utilización das acreditacións, así como todas as disposicións establecidas no formulario, asumindo as responsabilidades en que puidese incorrer polo seu incumprimento.

AUTORIZACIÓNS DE ACCESO DE VEHÍCULOS

Ámbito do servizo

Autorización de vehículo: establécese para aqueles vehículos que deban acceder á zona aeronáutica, co fin de que poidan desenvolver axeitadamente a actividade para a que están autorizados.

A unidade responsable do procedemento é a Dirección de Operacións, Seguridade e Servizos, a emisión lévaa a cabo a Oficina de Seguridade Aeroportuaria de cada aeroporto, a excepción dos aeroportos de Madrid Barallas e Barcelona, nos que se leva a cabo nas oficinas SETA e BAC respectivamente. Cada aeroporto xestiona as súas autorizacións e estas só son válidas para o aeroporto onde se expediron.

O interesado ou o responsable da empresa que solicitou a autorización está obrigado a comunicar inmediatamente o seu extravío á Oficina de Seguridade do aeroporto (no caso dos aeroportos de Madrid Baraxas e Barcelona, ás oficinas SAETA e BAC respectivamente).

O custo da confección da autorización debe ser aboado pola empresa á que pertence o usuario.

As autorizacións de vehículos permiten o acceso e permanencia exclusivamente nas zonas autorizadas. As devanditas zonas quedan fixadas polo código de cor e, se é o caso, pola letra que leva imprimida, quedando prohibido o acceso e/ou estadía en zonas distintas das autorizadas.

A emisión dunha autorización obriga o usuario a un correcto uso desta, obrigándoo a aceptar e a cumprir as súas normas de utilización, así como todas as disposicións establecidas no formulario de solicitude.

Solicitantes do servizo

A solicitude deberá ser realizada por un representante recoñecido da empresa/entidade que teña o contrato co aeroporto, asumindo como responsable a veracidade dos datos achegados. Para iso entregará o formulario de solicitude correspondente debidamente cuberto e asinado, facilitando os datos e documentos solicitados no formulario.

O representante acreditado da empresa/entidade, ao solicitar as autorizacións, comprométese expresamente a aceptar, a cumprir e a facer cumprir aos usuarios destas, as normas de utilización das autorizacións, así como todas as disposicións establecidas no formulario, asumindo as responsabilidades en que puidese incorrer polo seu incumprimento.

Contacto

Unidade responsable:
Dirección do aeroporto
Procedementos

Descargas

Pode descargar dende aquí as aplicacións necesarias para ler estes documentos