Reclamacións, queixas e suxestións relativas aos servizos prestados polo Centro de Documentación e Publicacións de Aena (CDP)
Servizo de presentación de reclamacións, queixas e suxestións relativas aos servizos do Centro de Documentación e Publicacións de Aena (CDP). A través deste centro de documentación de Aena Aeropuertos, poderanse xestionar os servizos de asesoramento especializado e colaboración, así como a edición, distribución e venda de publicacións.
Servizo de Asesoramento Especializado e Colaboración
Os usuarios, unidades ou centros de Aena ou organismos externos, poderán solicitar ao Centro de Documentación e Publicacións a consulta da documentación técnica ou información relativa ao ámbito aeronáutico que sexa do seu interese, dándolles o Centro unha resposta sobre as canles para obter a información.
Para iso dispoñen de distintas vías de acceso: teléfono, correo electrónico, intranets de Aena, correo ordinario ou fax, transmisión dende outro centro ou departamento ou de xeito persoal no CDP.
Servizo de venda de Publicacións
Os usuarios poderán adquirir, do catálogo ofertado polo Centro de Documentación e Publicacións, os exemplares que desexen.
As vendas realizaranse a través da páxina web de Aena.
O cidadán poderá interpoñer unha reclamación, queixa ou suxestión remitindo o formulario descargable a través das seguintes vías:
Correo electrónico: ao enderezo documentacion@aena.es.
Correo Postal: enviando o formulario descargable ao seguinte enderezo postal
- Aena
- Centro de Documentación y Publicaciones
- C/ Peonias, 12
- Edificio Piovera Azul
- 28042 Madrid
- Tel.: 913 212 767 / 913 212 919
- Fax: 913 212 906
Servizos prestados polo CDP
Acceso telemático ao proceso
Asegúrese de ter instalado e/ou activado no seu ordenador o seu certificado dixital previamente a seleccionar calquera dos seguintes enlaces.
Impresos do procedemento
- Principais servizos prestados polo Centro de Documentación (22.79 kB)
- Compromiso de calidade (22.72 kB)