Detalle de Reclamacións e Suxestións

Queixas e suxestións relativas ao Portal de Servizos Telemáticos e o seu funcionamento

Este servizo permite a formulación de queixas e suxestións sobre o Portal de Servizos Telemáticos e o seu funcionamento garantindo os medios dispoñibles.

Que é o Portal de Servizos Telemáticos e que implica?

  • É o enderezo electrónico dispoñible para os cidadáns a través de redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponde a Aena no exercicio das súas competencias.
  • Dispón de sistemas que permiten o establecemento de comunicacións seguras sempre que sexan necesarias.
  • A publicación no Portal de Servizos Telemáticos de informacións, servizos e transaccións respectará os principios de accesibilidade e usabilidade de acordo coas normas establecidas ao respecto, estándares abertos e, no seu caso, aqueles outros que sexan de uso xeneralizado polos cidadáns.
  • Permite a identificación do titular, así como os medios dispoñibles para a formulación de suxestións e queixas.

Como presentar unha queixa ou suxestión por vía telemática?

Se ten algún tipo de incidencia sobre o Portal de Servizos Telemáticos ou o seu funcionamento, ou ben quere facernos chegar as súas suxestións para que o melloremos pode dirixirse a nós remitíndonos debidamente cuberto o formulario que se facilita na zona da dereita.

  • Para iso deberá cumprir o formulario incluíndo neste: a data da incidencia e o motivo da súa notificación. É importante que describa de forma cronolóxica o sucedido facilitando unha explicación concisa do problema ou suxestión.
  • Indique se desexa recibir a correspondencia relativa á presentación da súa queixa ou suxestión por correo ordinario, por correo electrónico, etc.

Para iso unha das seguintes vías:

  • SERVIZO TELEMÁTICO: Accedendo ao formulario online e cubríndoo debidamente. O servizo permite achegar ficheiros e devolve un xustificante electrónico asinado por Aena como constancia de que quedou rexistrada a súa queixa ou suxestión. En caso de realizar a queixa ou suxestión con certificado dixital, o cidadán ten a opción de realizar o seguimento no apartado "Os meus trámites".
  • CORREO ELECTRÓNICO: Remitíndonos un correo electrónico ao enderezo: administracionelectronica@aena.es achegando o formulario descargable de queixa ou suxestión debidamente cuberto, ou ben no caso de calquera problema técnico a: IncidenciasServTelemBuzon@aena.es.
  • VÍA PAPEL: Unha vez cuberto correctamente o formulario descargable de queixa ou suxestión pode imprimilo e presentalo no rexistro xeral de calquera centro de Aena, ou nos mostradores de atención ao público de calquera aeroporto. Se o prefire, pódeno-lo enviar por correo postal ao seguinte enderezo:
    Dirección de Tecnoloxías da Información e Comunicacións
    Servizos Telemáticos
    R/ Peonias 12,
    28042 Madrid.
Procedementos

Portal de Servizos Telemáticos e o seu funcionamento

Acceso telemático ao proceso

Acceso sen certificado dixital
Acceso con certificado dixital

Asegúrese de ter instalado e/ou activado no seu ordenador o seu certificado dixital previamente a seleccionar calquera dos seguintes enlaces.

Impresos do procedemento

Descargas

Pode descargar dende aquí as aplicacións necesarias para ler estes documentos