Aviso legal

O establecemento dun Portal de Servizos Telemáticos leva consigo a responsabilidade do titular respecto da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos aos que poida accederse a través desta.

Datos identificativos do Portal

O Portal de Servizos Telemáticos de Aena S.M.E., S.A. créase baixo o enderezo https://serviciostelematicos.aena.es.

Datos do titular do Portal:
Aena S.M.E., S.A.
CIF: A86212420
Calle Peonías 12
28042 Madrid

II. Dereitos de propiedade intelectual e industrial

O dominio en internet deste portal é titularidade de Aena S.M.E., S.A., así como o seu deseño, códigos fonte, logos, marcas e demais signos distintivos.

A reprodución, distribución, comercialización, transformación ou calquera actividade análoga queda totalmente prohibida, salvo que medie autorización expresa de Aena S.M.E., S.A. A licenza de uso de calquera contido deste portal, outorgada ao usuario, limítase á descarga do devandito contido e ao uso privado deste, sempre que os citados contidos permanezan íntegros e se cite a fonte destes.

A utilización non autorizada da información contida no portal, así como os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade intelectual e industrial de Aena Aeropuertos darán lugar ao exercicio das accións que legalmente correspondan.

III. Establecemento de hiperenlaces ou links

Na sede electrónica incluíronse enlaces a páxinas de sitios web de terceiros ("Links") que se consideraron de interese para os usuarios. Aena Aeropuertos non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou contidos dos enlaces de terceiros aos que se fai referencia no portal.

Así mesmo, Aena S.M.E., S.A. non se fai responsable dos contidos que terceiras partes incluísen nos hipervínculos aos que se fai referencia nesta páxina.

IV. Política de privacidade e Protección de datos

Datos de contacto de Aena SME, SA:

Enderezo: Rúa Arturo Soria, 109. 28043, Madrid.

CIF: A86212420

Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 28.806, folio 211, sección 8, folla M-518648.

Teléfono de contacto: 902 404 704

Correo electrónico de contacto: webpublica@aena.es

Informámolo de que, de conformidade co establecido na normativa vixente de protección de datos persoais e, en particular, no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, os seus datos persoais solicitados polos distintos servizos e procedementos ofrecidos neste portal de Servizos Telemáticos, ou que se poidan recoller a través das cookies, serán tratados por Aena SME, SA para a xestión dos devanditos servizos. Aena tratará os datos conforme coas condicións determinadas neste apartado e con suxeición ao establecido nas condicións particulares do correspondente servizo.

O tratamento dos seus datos baséase no seu consentimento no momento da recollida dos seus datos, o cal poderá ser retirado en calquera momento.

Informámolo de que os datos contidos no seu certificado dixital serán comunicados á autoridade de certificación ou entidade prestadora de servizos de certificación emisora deste para a súa validación. Así mesmo, só en caso necesario, para poder atender a súa solicitude e de acordo cos fins previstos no procedemento ou actuación de que se trate, comunicaranse os seus datos persoais a terceiras entidades implicadas na tramitación. Non se prevén transferencias internacionais de datos.

Os seus datos serán conservados mentres dure a tramitación do servizo solicitado, así como durante o prazo necesario para tramitar unha posible reclamación.

Aena SME, S.A., como responsable do tratamento, adoptará as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal que nos facilite, evitando a súa alteración, perda ou tratamento non autorizado.

Calquera interesado ten dereito a obter confirmación sobre a existencia, ou non, dun tratamento dos seus datos persoais. Así mesmo, o Regulamento xeral de protección de datos estipula como dereitos do interesado:

As súas peticións serán contestadas coa maior brevidade posible e, en todo caso, no prazo dun mes dende a recepción da súa solicitude. O devandito prazo poderá prorrogarse outros dous meses en caso necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes. Aena informará o interesado da prórroga dentro do primeiro mes dende a solicitude.

O interesado ten dereito a retirar o consentimento das comunicacións comerciais en calquera momento, sen que afecte á prestación do servizo contratado. Para o exercicio dos dereitos recoñecidos, o interesado poderá poñerse en contacto a través do seguinte enderezo de correo electrónico ocpd@aena.es ou dirixindo un escrito a rúa Arturo Soria, n.º 109, 28043-Madrid, así como a través do Portal de Servizos Telemáticos (https://serviciostelematicos.aena.es).

Para calquera dúbida, pode contactar co noso delegado de Protección de datos mediante o correo electrónico dpd@aena.es

O interesado ten dereito a presentar reclamación ante a Axencia Española de Protección de datos (AEPD) como autoridade de supervisión e control en materia de protección de datos no territorio español.

Esta política de privacidade é de aplicación ás páxinas deste portal de Servizos Telemáticos. Non se garante nos accesos a través de enlaces con este sitio, nin aos enlaces dende este sitio con outras webs.

V. Dereito aplicábel e xurisdición competente

A Lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este aviso legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos do presente portal, será a lei española.

Para a resolución de calquera conflito que poida xurdir con ocasión da visita á sede ou do uso dos servizos que nela se ofertan, Aena S.M.E., S.A. e o usuario acordan someterse aos Xuíces e Tribunais do domicilio do usuario, sempre que este estea situado en territorio español.