Accesibilidade

Introdución

Aena S.M.E., S.A., entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Fomento, pon ao alcance dos seus usuarios unha canle de comunicación práctica e accesible a todos, co que pretende suprimir barreiras, lograr mellorar a presenza do seu sitio web na rede segundo os criterios de máxima simplicidade, alcance e eficacia, de tal maneira que se poida difundir a información e os servizos ofrecidos a calquera persoa que queira consultalos.

Accesibilidade

Esta acción alíñase coas directrices da Resolución do Consello da Unión Europea do 25 de marzo de 2002, sobre o Plan de acción L-Europe 2002, "Accesibilidade dos espazos públicos e dos seus contidos", cumpre as disposicións da Lei de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, do 11 de xullo de 2002 e segue as indicacións da "Guía para a edición e publicación das páxinas web da Administración Xeral do Estado”.

Pautas WAI

Certificación WAI-AA de accesibilidade

Neste sentido, os contidos do sitio web de Aena foron validados coa certificación Dobre A, segundo as recomendacións indicadas da norma UNE 13980:2004 e pola WAI (Web Accessibility Iniciative), grupo de traballo internacional pertencente ao W3C (World Wide Web Consortium) que vela porque ningún colectivo sufra discriminacións de ningún tipo que poidan ser causa de fracturas sociais no mundo virtual.

Neste sentido, as técnicas empregadas no portal de Aena S.M.E., S.A. encaixan co que a WAI indica, tanto para o marcado XHML coma para o CSS.

Hyper Text Markup Language Cascading Style Sheets

AccessKey

Aena S.M.E., S.A. para facilitar a navegación no seu sitio web empregou teclas de acceso rápido, accesskey, co fin de facilitar a navegación permitindo seguir algúns vínculos sen necesidade de usar o rato, empregando as teclas indicadas segundo o navegador que estea usando.

  • Internet Explorer PC: ALT atallo ENTER
  • Mozilla, Netscape PC: ALT atallo
  • FireFox PC: ALT MAIÚSCULAS atallo
  • Opera PC: MAIÚSCULAS ESC atallo
  • Safari Mac: CONTROL atallo

E o número de referencia do atallo ao contido que se indica a continuación:

  1. 1 Inicio
  2. 2 ¿Que é a Administración Electrónica?
  3. 3 Servizos Dispoñibles
  4. 4 Queixas e suxestións

Contacto

Na actualidade estamos a traballar para mellorar a accesibilidade en todas as páxinas do portal. Se observa algunha anomalía, non teña reparo en poñerse en contacto connosco mediante o enderezo de correo electrónico: webpublica@aena.es